Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1459
Clasificación Genérica Sixilografía
Objeto/Documento Selo
Autor/a Pucelle, Jehan [Reproducción dos Arquivos Nacionais de Francia. Último cuarto s. XX]
Título Reprodución do selo da confraría de Santiago en París
Materia/Soporte Resina sintética
Técnica Baleirado
Dimensiones Diámetro máximo = 63 cm2
Descripción Baleirado realizado en resina da matriz conservada nos Arquivos Nacionais (París) que corresponde co primeiro selo co que contou a Confraría de Santiago de París, e que foi atopada de xeito casual a mediados do século XIX no leito do río Sena e se conserva na actualidade no Musée Carnavalet da mesma cidade. O Service des Sceaux dos Archives Nationales dispón dun molde do que fai habitualmente reproducións para a venda como a que agora nos ocupa.
No perímetro, e entre dúas gráfilas de puntos, conserva a inscrición que, empezando na parte superior, di: "+ S(igilum): COMFRATRIE P(er)EG(ri)NORUM: B(eat)I IACOBI: AP(osto)LI: IP(s)IVS HOSPITAL(is): PAR(isiensis): FVNDATOR(vm). Ocupando o centro do campo aparece unha representación de Santiago vestido á "moda parisiense" (túnica longa ata os pés e gardapó máis curto), con elementos distintivos da súa consideración de peregrino(bordón, escarcela, sombreiro). Estilizado, con perfil describindo un suave contraposto e executado con gran mestría. Coa man esquerda terma do libro mentres que coa dereita suxeita o bordón curto e, atravesando o peito en bandoleira, a correa da escarcela decorada con vieira que colga polo costado dereito A ámbolos dous lados dispóñense varios peregrinos e peregrinas axeonllados en actitude orante portando bordóns e escarcelas con vieiras. Na parte superior aparecen dous anxos, un a cadanseu lado de Santiago, que parecen soster o nimbo que simboliza a santidade do Apóstolo.
Iconografia Santiago Peregrino
Inscripciones/Leyendas No perímetro, e entre dúas gráfilas de puntos., Incisión, Latín
Pucelle, Jehan (1319-1324)
+ S(igilum): COMFRATRIE P(er)EG(ri)NORUM: B(eat)I IACOBI: AP(osto)LI: IP(s)IVS HOSPITAL(is): PAR(isiensis): FVNDATOR(vm) (Sello de la Confraría de los peregrinos del Apóstol Santiago)
Datación 1319-1324 [Data orixinal do selo. A data da reproducción do selo é de o último cuarto do s.. XX.;Data orixinal do selo. A data da reproducción do selo é de o último cuarto do s.. XX.]
Contexto Cultural/Estilo Idade Media
Lugar de Producción/Ceca Paris (Illa de Francia, Francia)
Uso/función Para selar os documentos emitidos pola Confaría de Santiago de París y su hospital.
Descriptores Geográficos Paris
Clasificación Razonada A imaxe representada neste selo recorda á escultura regalada á catedral compostelá por Godofredo Coquatrix. Coa mesma liña compositiva e o mesmo vestiario "á moda parisina".
O papel que xoga a Confraría de Santiago de París resulta primordial para comprender a evolución da peregrinación das rexións do norte de Francia. Precisamente no ano 1319 conta coa autorización para pedir esmola para a súa obra que sen dúbida se refire á igrexa de Santiago e ao Hospital de peregrinos que rexentou a citada asociación en París. Constituía un punto importante de reunión dos peregrinos que partían para Santiago. O que hoxe queda desa construción, a Tour-Saint-Jacques segue a ser un símbolo da peregrinación xacobea.
Esta reprodución, aínda que non se trata dunha peza orixinal, serve sen dúbida para suxerir o aspecto de internacionalidade do Camiño de Santiago e a súa presenza nun país como Francia, que xogou un papel tan importante ao longo da historia da peregrinación e mesmo nos momentos máis recentes de recuperación do Camiño de Santiago a mediados do século XX.
Forma de Ingreso Depósito por doazón
Fecha de Ingreso 30/11/2016
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6